Quételet, Lambert Adolphe Jacques

Quételet, Lambert Adolphe Jacques

Estatístico, matemático e astrónomo. Profesor en Gante e Bruxelas, dirixiu a construción do observatorio de Bruxelas, do que foi o seu primeiro director. Aplicou a teoría das probabilidades nas ciencias sociais e na antropometría, de onde xurdiu o concepto do home medio, central na súa teoría, para referirse ao conxunto das características máis comúns. Foi o primeiro en aplicar a estatística aos fenómenos sociais, base da socioloxía e do neopositivismo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gante

  • Deceso

    Lugar : Bruxelas