Quetta

Quetta

Capital da provincia de Baluchistán, Paquistán (560.307 h [1998]). Situada no extremo setentrional do val de Shal, nun lugar estratéxico que domina os pasos de Bolān e Khojak, próximo á fronteira con Afganistán. Ten refinaría do xofre, central termoeléctrica e industria téxtil de algodón, de materiais de construción e de conservas de froitas.