quetzal
quetzal
(< nahua quetzalli ‘fermosapluma’)
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave, da orde dos trogniformes, co macho de cor verde dourada co ventre vermello, de 35 cm do pico á cola e con dúas ás supracaudais de 60 cm. A femia é escura e con ás supracaudais de dimensións regulares. Habita en bosques densos e húmidos de América Central, desde o S de México ata Panamá, e é moi escaso.
-
s
m
[ECON]
Unidade monetaria principal de Guatemala (Q). Divídese en 100 céntimos.