Quevedo y Villegas, Francisco Gómez de

Quevedo y Villegas, Francisco Gómez de

Escritor. Considerado como unha das máximas figuras do Barroco e un dos máis grandes poetas de todos os tempos, apaixoouse pola política; ao longo da súa vida foi protexido, desterrado e encarcerado pola Corte. Cultivou todos os xéneros, desde o satírico e político ata os morais, os burlescos e a sátira literaria e persoal, especialmente contra Góngora. Quevedo amósase tamén como o máis profundo poeta metafísico do Barroco e na poesía de carácter amoroso foi un dos máis apaixoados e orixinais de todo o s XVII. As súas obras poéticas editáronse tras a súa morte en dous volumes, El Parnaso español (1648) e Las tres Musas últimas castellanas (1670). A súa obra en prosa é moi extensa e variada, e dela destacan diversos tratados políticos, como Política de Dios, gobierno de Cristo y tiranía de Satanás (1635) e La vida de Marco Bruto (1644); obras ascéticas, como Providencia de Dios (1641), e filosóficas e morais, como o tratado estoico La cuna y la sepultura (1635), unha das súas obras máis importantes. Cómpre destacar tamén os seus escritos de crítica literaria contra o gongorismo, a sátira moralizante Los sueños (1627) e unha obra maxistral da novela picaresca, titulada Historia de la vida del Buscón llamado don Pablos (1626).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Villanueva de lonfantes

  • Nacemento

    Lugar : Madrid