Quilis Morales, Antonio

Quilis Morales, Antonio

Lingüista. Foi investigador do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde dirixiu o Laboratorio de Fonética Experimental, e desde 1976 foi catedrático de Lingua Castelá na UNED. Experto en fonética e fonología (Fonética y fonología del español, 1963; Fonética acústica de la lengua española, 1981; Tratado de fonología y fonética españolas, 1993), tamén investigou o léxico panhispánico en países de América Latina, en Filipinas, Micronesia e Guinea Ecuatorial. Como froito destes estudos publicou diversas obras e dirixiu, con Manuel Alvar, os traballos do Atlas Lingüístico de Hispanoamérica (1996) e, desde 1992, traballou no Atlas Lingüístico Nacional del Ecuador. Tamén investigou a métrica (Métrica española, 1978), a historia da lingua (Historia de la lengua española, 1987), a historiografía lingüística -especialmente a obra de Antonio Nebrija (Antonio Nebrija: gramática de la lengua castellana, 1980)-, a lexicografía, a didáctica da lingua, a tecnoloxía da fala, a logopedia ou os trastornos da linguaxe. Presidiu a Sociedad Española de Lingüística e desde 2000 dirixiu a Revista de Filología Española. Foi membro honorario da Academia Filipina de la Lengua e recibiu a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Larache, Marrocos

  • Deceso

    Lugar : Madrid