Quinteiro Fiuza, Luis

Quinteiro Fiuza, Luis

Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía e doutor en Filosofía, foi ordenado sacerdote en 1971. Foi formador e profesor no Seminario Menor de Santiago de Compostela, e profesor e director (1992-1999) do Instituto Teológico Compostelano, onde dirixiu tamén o Centro de Formación Teológica de Seglares da arquidiocese compostelá (1982-1987). Reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela (1997-2000), bispo titular de Fuerteventura e bispo auxiliar da arquidiocese de Santiago de Compostela (1999), foi vigairo xeral do arcebispado e deán-presidente do cabido catedralicio de Santiago de Compostela, ao que pertencía desde 1998. Bispo promotor do Apostolado do Mar, desde 2002 é bispo de Ourense.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sabrexo, Vila de Cruces