Quintín, san

Quintín, san

Mártir. De probable orixe romana, foi apóstolo de Amiens, onde puido morrer decapitado. A súa existencia confírmaa o culto, intenso no s VI, a toponimia e a invención das súas reliquias en Saint-Quentin (Aisne). Represéntase vestido con traxe militar medieval ou romano, ou ben coa dalmática dos diáconos. Leva cadeas nas mans e nos pés, e un ou dous cravos grandes na man. A súa festividade celébrase o 31 de outubro.