Quiroga Losada, Manuel

Quiroga Losada, Manuel

Violinista e pintor. Formou parte, xunto con Sarasate e Manén, dos grandes violinistas españois a escala internacional. Interpretou obras dos compositores máis afamados e como compositor deixou diversos Caprichos para violín, cadencias de obras de coñecidos compositores, algunha habanera e alborada, diferentes cantos e Variaciones sobre el Capricho 24 de Paganini. No apartado pictórico foi un autodidacta, especialmente a partir de 1938, cando unha enfermidade lle impediu tocar o violín. Destacou como debuxante e recibiu a influencia do postimpresionismo. Da súa produción pictórica destacan os retratos e caricaturas como Caricatura de Straüss (1928), Caricatura de Pau Casals (1940?), María Galvani (1945?) e os diferentes autorretratos que se conservan. Realizou tamén paisaxes en acuarela, como Rúa do Villar (1916), Unha vila na montaña (1931?) e Rúa no porto (1949?), e bodegóns como Floreiro con rosas. Recibiu o Premio Sarasate para mozos virtuosos (1911) e a Encomienda de Alfonso X el Sabio (1948).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso