quiste
(< grκύστις ‘vexiga’)
-
[PAT]
-
s
m
Produción patolóxica en forma de bolsa pechada provista dunha membrana e con contido líquido ou semilíquido, que se desenvolve en diversos lugares do organismo debido á alteración dos tecidos.
-
quiste dental
Quiste formado na raíz das enxivas, nun dente que falta, en forma de masa adherente.
-
quiste dermoide
Quiste en que as paredes teñen os trazos da pel normal e contén produtos de secreción das glándulas pilosebáceas e sudoríparas, ou incluso formacións de orixe epidérmica.
-
quiste hidatídico
Quiste formado polo crecemento dunha larva da tenia do xénero Echinococcus. Localízase preferentemente no fígado e no pulmón.
-
quiste óseo
Quiste localizado na metáfise dos ósos longos de individuos novos.
-
quiste ovárico
Saco tumoral cheo de líquido ou dun material semisólido que se desenvolve sobre ou dentro do ovario.
-
quiste renal
Quiste que se desenvolve no seo do tecido renal sen comunicación coas vías excretoras.
-
quiste sebáceo
Quiste subepidérmico formado pola acumulación dos produtos de secreción dunha glándula sebácea.
-
s
m
-
s
m
[BIOL]
-
Forma de resistencia de moitas talófitas, bacterias e protozoos, que se caracteriza pola acumulación de substancias de reserva, lixeira diminución de volume, deshidratación e formación dunha cuberta protectora e illante (enquistamento). A célula ou grupo de células enquistadas entran en vida latente, que se interrompe cando as condicións ambientais volven ser favorables.
-
Membrana resistente, grosa e impermeable, que envolve ás células que están en estado de vida latente.
-