Rabat
Capital de Marrocos, situada na prefectura urbana de Rabat-Salé (623.457 h [1994]). Está situada na fachada atlántica, no estuario de Bou Regreg, fronte a Salé. É un centro político e administrativo. O seu porto é pequeno, e a súa actividade está limitada á exportación de froitas. A industria máis importante é a téxtil. A cidade musulmá foi fundada ao norte da antiga Chellah polo sultán almohade ‘Abd al-Mu‘min (1150). Ocupada polos benimeríns desde 1248, foi repetidamente saqueada. Coa inmigración de mouriscos expulsados da Península Ibérica, que se dedicaron maioritariamente ao corso, recuperou o seu poder económico de tal xeito que, tras a morte de Am ḥ ad al-Man ṣ ūr, constituíu xunto con Salé unha república independente ata 1641. Capital administrativa do protectorado francés, continuou séndoo do Marrocos independente.