1 racha

1 racha

(

  1. s f

    Anaco de leña ou madeira que se fai ao cortar outro máis grande.

    Sinónimos: cavaca, cavaco.
  2. s f

    Fenda que aparece en calquera obxecto.

    Sinónimos: greta.
  3. s f

    Cacho delgado e pequeno que se corta de calquera cousa.

  4. s f

    Pedra pequena e plana coa que se tapan as fendas das paredes.

  5. s f

    Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da xerga dos arxinas ou canteiros que corresponde á voz ‘noite’.

Palabras veciñas

racemización | racemoso -sa | Rach Gia | 1 racha | rachadela | rachado -da | rachadura