rádula
rádula
(
s
f
[ZOOL]
Masa muscular bucal provista de dentículos quitinosos e curvos, dispostos en diversas series transversais e renovables, propia dalgúns moluscos, e da que carecen os lamelibranquios e os cefalópodos. Ao saír da boca, móvense cara a adiante e atrás para cortar os alimentos. As súas características utilízanse como un carácter importante en sistemática.