Radziwiéé

Radziwiéé

Liñaxe nobre polaca orixinaria de Lituania, que parece partir de Syrpuc , príncipe de Kiernow (1280). O seu descendente, Radvila (?-1477), recibiu o nome de Radziwi éé Ostikowicz en Polonia. O seu neto Mikolaj Radziwi éé (?-1509) foi paladín de Vilnius e conselleiro de Lituania, cuxos fillos fundaron as tres grandes ramas da liñaxe. A liña de Goniądz e Medele iniciouna Mikolaj Radziwi éé (?-1521), quen sucedeu o seu pai en ambos cargos e recibiu o título de príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1515). Esta rama extinguiuse cos seus fillos en 1546. A liña de Nieśwież, Oéyka, Kleck e Szydéowiec iniciouna Jan Mikolaj Radziwi éé (1470-1522), pai de Mikolaj Radziwi éé o Negro (1515-1565), mariscal de Lituania (1544), chanceler (1550) e paladín de Vilnius (1551), príncipe do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1547), duque de Oéyka e de Nieśwież e conde de Szydéowiec (1553). Os seus descendentes formaron diversas ramas. A liña de Birże e Dubinki iniciouna Jerzy Radziwi éé (1480- 1541), atamán de Lituania (1531) e pai de Mikolaj Radziwi éé, o Vermello (?-1584), paladín de Vilnius e duque de Birże e de Dubinki (1547). Esta liña extinguiuse en 1669.