Raeder, Erich
Raeder, Erich
Militar alemán. Foi comandante da Mariña (1935) e grande almirante do Terceiro Reich (1939). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) dirixiu a Campaña de Noruega (1940), pero foi substituído polo almirante K. Dönitz (1943) por discrepancias con Hitler. Condenado a cadea perpetua por crimes de guerra no Proceso de Nuremberg (1945-1946), foi finalmente liberado en 1955.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Wandsbeck -
Deceso
Lugar : Kiel