1 raia

1 raia

(

  1. s f
    1. Liña delgada e longa que se traza sobre unha superficie.

    2. Marca que queda nunha superficie.

    3. Franxa longa e estreita que se diferenza das adxacentes pola cor ou forma.

    4. Sinal que queda ao separar os cabelos ao peitealos, dispoñéndoos a un lado e a outro.

  2. s f

    Límite dun territorio, comarca, rexión ou país.

    Sinónimos: fronteira.
  3. s f

    Límite dunha cousa.

    Ex: Pasouse da raia facendo aquel comentario.

  4. s f

    Dose de droga en po, especialmente de cocaína, disposta nun pequeno montonciño alongado e estreito.

  5. s f [ZOOL]

    Liña de cor diferente que hai na cabeza ou no pescozo dun animal.

  6. s f [MED]

    Signo clínico que consiste nun cambio de coloración nunha zona longa e estreita da pel ou das mucosas.

  7. s f [MINERAL]

    Marca que deixa na rocha a unlla, a navalla ou outro utensilio co que se quere probar nela a dureza e observar a cor.

  8. s f [COMUN]

    Signo que se emprega no alfabeto Morse, que corresponde a un impulso de corrente de longa duración en comparación co punto. Unha raia dura un tempo de tres veces o punto.

  9. s f [LING]

    A Signo de puntuación <->, máis longo ca o guión. OBS: Tamén se denomina guión longo

  10. raia do espectro [FÍS]

    Raia que aparece en certos tipos de espectro, chamados espectro de raias, que corresponde a unha lonxitude de onda determinada. As raias dos espectros de emisión son brillantes, mentres que as de absorción (raias de absorción) son escuras, como o das raias de Fraunhofer.

  11. raia meninxítica/de Trousseau [MED/PAT]

    Raia vermella e persistente que aparece na pel cando se pasa sobre un obxecto incisivo. É un fenómeno de natureza vasomotora, que se produce en casos de meninxites e doutros estados morbosos.

Palabras veciñas

Rahmani, Ignacio Efrén II | Rahner, Karl | RAI | 1 raia | 2 raia | Raia | Raia Seca