1 raia
(
-
s
f
-
Liña delgada e longa que se traza sobre unha superficie.
-
Marca que queda nunha superficie.
-
Franxa longa e estreita que se diferenza das adxacentes pola cor ou forma.
-
Sinal que queda ao separar os cabelos ao peitealos, dispoñéndoos a un lado e a outro.
-
-
s
f
Límite dun territorio, comarca, rexión ou país.
Sinónimos: fronteira. -
s
f
Límite dunha cousa.
Ex: Pasouse da raia facendo aquel comentario.
-
s
f
Dose de droga en po, especialmente de cocaína, disposta nun pequeno montonciño alongado e estreito.
-
s
f
[ZOOL]
Liña de cor diferente que hai na cabeza ou no pescozo dun animal.
-
s
f
[MED]
Signo clínico que consiste nun cambio de coloración nunha zona longa e estreita da pel ou das mucosas.
-
s
f
[MINERAL]
Marca que deixa na rocha a unlla, a navalla ou outro utensilio co que se quere probar nela a dureza e observar a cor.
-
s
f
[COMUN]
Signo que se emprega no alfabeto Morse, que corresponde a un impulso de corrente de longa duración en comparación co punto. Unha raia dura un tempo de tres veces o punto.
-
s
f
[LING]
A Signo de puntuación <->, máis longo ca o guión. OBS: Tamén se denomina guión longo.
-
raia do espectro
[FÍS]
Raia que aparece en certos tipos de espectro, chamados espectro de raias, que corresponde a unha lonxitude de onda determinada. As raias dos espectros de emisión son brillantes, mentres que as de absorción (raias de absorción) son escuras, como o das raias de Fraunhofer.
-
raia meninxítica/de Trousseau
[MED/PAT]
Raia vermella e persistente que aparece na pel cando se pasa sobre un obxecto incisivo. É un fenómeno de natureza vasomotora, que se produce en casos de meninxites e doutros estados morbosos.