Rajoy Losada, Bertomeu
Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír a igrexa de Pontedeume.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontedeume -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela