Rājputānā

Rājputānā

Rexión de India, situada entre o Indo e o Ganxes e dividida en dúas partes polos montes Arāvalli Parvata. Habitada polos rajputs no s VII, asediárona constantemente os sultáns de Delhi. Foi anexionada ao Imperio Mogol (1556), invadida polos marathas (1770) e convertida en protectorado británico en 1817. Dividida en numerosos estados principescos, dezanove deles englobáronse en Rājasthān (1949).