Rām Allāh

Rām Allāh

Cidade de Cisxordania situada ao N de Xerusalén, que forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina. Nela sitúanse as institucións que gobernan Palestina. Na Muqata, antigo cárcere británico, estivo confinado Y. Arafat durante casi tres anos (2001-2004) e foi o lugar escollido para o seu enterro, de xeito provisional, mentres non poida ser trasladado á explanada das mesquitas en Xerusalén.