Ramallosa, ponte da
Ramallosa, ponte da
Construción situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, foi realizada en cantaría granítica nun estilo de transición do románico ao gótico. Ten arcos semicirculares e oxivais, perfil alombado con tallamares triangulares e dez vans. Atópase no antigo camiño da Guarda a Baiona.