Ramirás, pazo de

Ramirás, pazo de

Construción situada en Arrabaldo (Ourense). A súa planta orixinal era en forma de L pero sucesivas modificacións transformárono nun edificio de dúas plantas con forma rectangular. As dependencias adxectivas desapareceron e os patios modificáronse. No lado sur conta cunha solaina. Os escudos que conserva aluden aos Puga, Mosquera, Varela, Aguilar e Bóveda. Ten unha capela anexada nunha das esquinas.