Ramón Berenguel II Cap d’Estopes

Ramón Berenguel II Cap d’Estopes

Conde de Barcelona (1076-1082), fillo de Ramón Berenguel I e irmán de Berenguel Ramón II. Aínda que segundo o testamento do pai os dous irmáns tiñan que reinar en igualdade de condicións, a situación real era dunha certa preeminencia súa. Barcelona, Urgell e Lleida loitaron contra Zaragoza e a consecuencia diso o perigo islámico cesou. En 1079 repartiuse co seu irmán a cidade de Barcelona coas terras, castelos e casas das proximidades. As funcións soberanas permaneceron sen dividir. Acordaron tamén que loitarían conxuntamente contra os sarracenos en 1081, aínda que finalmente non o fixeron. En 1082, no camiño de Barcelona a Girona foi asasinado por uns descoñecidos, que quizais fosen os seus propios acompañantes.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : la Perxa l’Astor, Girona