Randers

Randers

Cidade de Xutlandia, Dinamarca, na beira do Gudenå e antes de formar este río o fiorde de Randers, en Kattegat (62.205 h [2001]). É un porto e centro comercial, con industrias metalúrxicas e alimentarias.