Rapallo

Rapallo

Cidade da provincia de Xénova, situada en Liguria, Italia (29.534 h [2003]). Nela asináronse dous tratados ao remate da Primeira Guerra Mundial. O primeiro entre Italia e Serbia (1920) puxo fin o litixio no Mar Adriático. O segundo asinouse entre a URSS e Alemaña (1922), polo que ambos os dous países restablecían relacións diplomáticas e renunciaban ás débedas de guerra respectivas. Unha cláusula secreta permitía aos militares alemáns adestrar en URSS, coas armas que tiñan prohibidas polo Tratado de Versailles.