Ratisbona

Ratisbona

Cidade de Baviera, Alemaña, no Alto Palatinado, situada á beira do Danubio (125.236 h [2000]). Poboación de orixe celta (Radasbona), chegou a ser en tempos de Marco Aurelio un campo atrincheirado (Regina castra). En 1245 converteuse en cidade libre do Imperio e desde 1633 en sede estable da Dieta imperial. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, obra mestra da arquitectura gótica bavaresa (1250-1525), e a igrexa da abadía de Sankt Emmeran (s XII).