Ratisbona, Tregua de
Ratisbona, Tregua de
Acordo asinado en 1684 entre Francia, Austria e España, que puxo fin á guerra de España con Francia (1683-1684) e á polémica levada por Versailles sobre os dereitos de reunión que derivaban dos tratados de Westfalia e Nimega (1681). Recoñecía as anexións que Francia fixera con anterioridade a agosto de 1684 e cedía a Francia as cidades de Estrasburgo, Luxemburgo, Beaumont e Chimay.