Ratzel, Friedrich

Ratzel, Friedrich

Xeógrafo alemán. Foi un dos fundadores da antropoxeografía e da xeografía política. Nunha primeira época viaxou por diversos países de Europa e América como correspondente do Kolnische Zeitung. Estudou a influencia das condicións físicas como o clima e o sol nos feitos humanos e anticipou o concepto de área cultural. É autor de Die Vereinigten Staaten von Amerika (Os Estados Unidos de América, 1878), Anthropogeographie (Antropoxeografía, 1891) e Politische Geographie (Xeografía política, 1897).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Karlsruhe

  • Deceso

    Lugar : Ammerland