Rawls, John Bordley

Rawls, John Bordley

Filósofo estadounidense. Referente da filosofía política, a súa teoría quedou expresada en A Theory of Justice (1971). Revisou o contractualismo de Jean-Jacques Rousseau e partiu dunha posición orixinal en que se conveñen uns principios de xustiza aplicables na práctica, que son escollidos por homes libres e descoñecedores da súa futura posición na sociedade rexida por estes principios.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Baltimore, Maryland

  • Deceso

    Lugar : Lexington, Massachusetts