Rayleigh, criterio de

Rayleigh, criterio de
[FÍS/ASTRON]

Convencionalismo que determina, na difracción das ondas electromagnéticas que atravesan un medio material, que a distancia mínima que pode haber entre dous puntos que as emiten para que se poidan considerar separados é tal que o máximo da imaxe de difracción dun deles coincide co primeiro mínimo do veciño.