Rayleigh, fórmula de

Rayleigh, fórmula de
[FÍS]

Expresión formal que dá a densidade de enerxía dunha radiación por unidade de enerxía e de intervalo de frecuencias a partir da teoría do corpo negro. Foi emitida por J. Rayleigh e J. Jeans, a principios do s XX, no ámbito da mecánica clásica. É a expresión asintótica da fórmula de Planck na rexión das frecuencias baixas. Tamén se coñece como fórmula de Rayleigh-Jeans.