Realidade Galega
Realidade Galega
Grupo fundado en marzo de 1980 por intelectuais e persoeiros galeguistas, despois de que no proxecto presentado ao presidente da Xunta Preautonómica aparecesen diversas disposicións que limitaban as competencias autonómicas respecto ao estado central. Defenderon que Galicia obtivese un Estatuto de Autonomía en igualdade de condicións coas outras nacionalidades históricas. O grupo contaba entre os seus membros con Domingo García-Sabell, G. Fernández Albor e Ramón Piñeiro López.