Reboiras Noia, Ramón Xosé

Reboiras Noia, Ramón Xosé

Enxeñeiro técnico e sindicalista. Coñecido como Moncho Reboiras, durante a súa etapa estudantil cofundou a revista Des…tornillo, formou parte do grupo cultural O Castro e, en 1969, ingresou na UPG, do que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Organizou a Fronte Cultural Galega que actuou como unha coordinadora efectiva entre a maioría das asociacións culturais de Galicia. Na década de 1970 foi un dos organizadores dos grupos sindicais que orixinaron en 1975 o Sindicato Obreiro Galego (SOG). Defendeu os intereses da cultura e o pobo galegos, emprendeu a loita armada na clandestinidade e morreu nun enfrontamento coa policía cando se estaba organizando a UPF ferrolá.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Xoán de Laíño, Dodro

  • Deceso

    Lugar : Ferrol