Récamier, madame

Récamier, madame

Dama da sociedade francesa. De nome Jeanne Françoise Julie Adélaïde Bernard, casou co banqueiro Jacques Récamier en París (1793). Durante o Consulado reuniu no seu salón diversos políticos e admiradores, como L. Bonaparte, os Montmorency ou J. B. Bernadotte. Favoreceu elementos da oposición e foi desterrada de París polo emperador en 1811. Regresou en 1814 e posteriormente, retirada na súa residencia de Abbaye-aux-Bois (1819), continuou a súa intensa amizade con F. René de Chateaubriand.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lyon

  • Deceso

    Lugar : París