recapitulación
recapitulación
(< lat recapitulatiōne)
-
s
f
Acción e efecto de recapitular.
-
s
f
[RELIX]
Termo usado na Epístola aos Efesios para indicar o misterio de Xesús Cristo como cabeza de todo, onde se reúnen de novo todas as cousas do Ceo e da Terra.
-
recapitulación ontoxénica
[BIOL]
Teoría proposta en 1783 por Kelmeyer, que foi adoptada no s XIX por outros homes de ciencia, como Haeckel, quen a impulsou novamente e lle deu o nome de lei bioxenética fundamental, postulando que a ontoxénese reproducía a filoxénese.