Recaredo I

Recaredo I

Rei visigodo (586-601), fillo e sucesor de Leovixildo. O seu pai asociouno ao trono co seu irmán santo Hermenxildo de Sevilla en 573, coa misión de gobernar as rexións do N a carón dos francos. Combateu contra os francos en Septimania (585?-586) e recuperou Carcassonne. En 587 converteuse ao catolicismo e convocou os bispos para que abxurasen do arianismo. Tivo que reprimir dúas revoltas arianas, en Septimania e en Lusitania en 588.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Toledo