Recarei, casa de ou casa da Nugalla

Recarei, casa de ou casa da Nugalla

Construción situada en Curantes (A Estrada). Trátase dun conxunto de varias edificacións situadas ao redor dun patio central. O edificio principal ten planta rectangular con planta baixa e un andar en que se abre un amplo balcón. No tellado localízase unha figura de pedra dun busto dun home nu coas mans sobre a cabeza, onde se sitúa unha cruz coñecida como A Nugalla de Recarei, e que lle dá nome á casa. Conta con cheminea e cortes, e cunha capela de planta rectangular nun dos ángulos do conxunto.

Palabras veciñas

Recaré | Recaredo I | Recaredo II | Recarei, casa de ou casa da Nugalla | recarga | recargado -da | recargar