rección
rección
(< lat rectĭōne)
s
f
[LING]
Relación sintáctica entre dous elementos lingüísticos na que un depende gramaticalmente do outro. O elemento principal é o rexente, e o dependente é o rexido. En latín, por exemplo, na oración Puer amat patrem, o verbo amat rexe o acusativo patrem; a preposición ex rexe o caso ablativo. A concordancia entre dúas palabras é unha maneira de rección.