recesión

recesión

(< lat recessĭōne)

  1. s f

    Feito de separarse, retroceder ou diminuír algo.

    Sinónimos: regresión.
  2. s f [ECON]

    Fase do ciclo económico cunha diminución da actividade económica. É a característica fundamental da diminución da demanda e, en consecuencia, a redución da produción. A baixa de beneficios, que deriva dela, provoca a diminución de novos investimentos, unha acumulación de stocks e a elevación da taxa de paro.

  3. recesión das galaxias [ASTRON]

    Movemento que presentan en xeral todas as galaxias e que parece afastalas da Vía Láctea, cunha velocidade que é proporcional á súa distancia a un punto calquera do espazo. Foi descuberto en 1929 por E. Hubble, e hai teorías que sosteñen que o desprazamento cara ao vermello do espectro das galaxias é de orixe gravitacional.

Palabras veciñas

Recesende | Recesende | Recesende | recesión | recesividade | recesivo -va | 2 receso