regresión
(
-
s
f
Acción de volver cara a atrás.
Sinónimos: recesión. -
s
f
[BIOL]
olta dun tecido, dun órgano, dun síntoma ou dun fenómeno a un estadio anterior da súa evolución ontoxénica.
-
[MAT]
-
s
f
Estudo da mellor aproximación dunha variable estatística y a partir dunha familia dada de variables estatísticas x 1 ...x n , mediante combinacións lineais do tipo a 1 x 1 ,..., a n x n + b, e tomando como criterio de “mellor aproximación” o do método dos mínimos cadrados. Dito doutra maneira, cómpre buscar os denominados coeficientes de regresión a 1 , a 2 ,..., a n , b, tales que fagan mínima a distancia ao cadrado d 2 (y, a 1 x 1 ,...,a n x n + b). No caso que n = 1, a recta de regresión y = ax + b ten por coeficientes
FORMULA
onde -x i , -y i son os valores das variables, e as súas esperanzas ou valores medios. Na nube de puntos do plano obtido para a representación dos valores (x i , y i ), a recta de regresión é exactamente a recta que fai mínima a suma dos cadrados das distancias dos puntos (x i , y i ) aos puntos da recta. -
función de regresión
Función lineal y = m y (x i ) que se obtén a partir de dúas variables aleatorias x, y estocasticamente dependentes con función de densidade conxunta continua f(x, y), sendo y i = E(y/x i ) a esperanza de f(x, y) polos dados x i .
-
s
f
-
s
f
[ESTRATIG]
Retracción ou contracción da área cuberta polo mar con relación ás terras emerxidas. Este fenómeno está causado polo levantamento das áreas continentais ou por un descenso xeneralizado do nivel do mar, ou os dous á vez. Tamén pode estar producido, a nivel de mar constante, por unha progradación ou sedimentación moi activa, como a dun delta.
-
s
f
[PAT]
Remisión dunha enfermidade.
-
s
f
[PSIC/MED]
Proceso inconsciente mediante o que o individuo volve a unha etapa anterior do seu desenvolvemento, como medio de defensa ante unha frustración e como recuperación dun comportamento e duns modos de satisfacción anteriores considerados mellores polo individuo.
-
s
f
[SOCIOL/POLÍT]
olta a unha situación anterior política, social ou relixiosa, xa superada.
-
s
f
[LING]
Creación dun termo a partir doutro que se considera erroneamente como derivado.
-
regresión filial
[XEN]
Lei enunciada por Galton onde establecía unha correlación entre os caracteres cuantitativos dos pais e os da súa descendencia, como medida hereditaria.