recombinación
recombinación
(< re- + combinación)
-
s
f
[XEN]
Mecanismo mediante o que os xenes situados en diferentes cromosomas homólogos pasan a formar parte do mesmo cromosoma resultado do entrecruzamento da profase meiótica. Permite a posibilidade de abastecer os xenotipos da descendencia dunha combinación de xenes diferentes á de cada un dos proxenitores.
-
s
f
[XEN/MICROB]
Proceso polo que un segmento de ADN cromosómico que procede dunha bacteria doante se converte en parte do xenoma dunha bacteria receptora. Este fenómeno é a base da transformación, da transdución e a conxugación.
-
s
f
[FÍS/QUÍM]
Formación dunha entidade química a partir dos fragmentos que resultan dunha disociación anterior da mesma entidade causada polo efecto dunha acción anterior.