recombinación

recombinación

(< re- + combinación)

  1. s f [XEN]

    Mecanismo mediante o que os xenes situados en diferentes cromosomas homólogos pasan a formar parte do mesmo cromosoma resultado do entrecruzamento da profase meiótica. Permite a posibilidade de abastecer os xenotipos da descendencia dunha combinación de xenes diferentes á de cada un dos proxenitores.

  2. s f [XEN/MICROB]

    Proceso polo que un segmento de ADN cromosómico que procede dunha bacteria doante se converte en parte do xenoma dunha bacteria receptora. Este fenómeno é a base da transformación, da transdución e a conxugación.

  3. s f [FÍS/QUÍM]

    Formación dunha entidade química a partir dos fragmentos que resultan dunha disociación anterior da mesma entidade causada polo efecto dunha acción anterior.

Palabras veciñas

recollida | recollido -da | recolocar | recombinación | recomendábel | recomendable | recomendación