Redemuíños, San Salvador de
Redemuíños, San Salvador de
Igrexa parroquial situada en Quintela de Leirado. Ten unha única nave e no seu interior conserva un retablo barroco. Destaca a porta principal, enmarcada por dous pares de semicolumnas en relevo que sosteñen un frontón partido coa figura do Salvador nunha fornela situada no centro. O conxunto remata nun gran frontón. Conta cun campanario sinxelo de corte clásico.