Redención Marítima

Redención Marítima

Publicación editada en Vigo entre xuño e decembro de 1931. Voceiro do Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados (CNT), editouse decenalmente baixo a dirección de Manuel Fandiño. Recolleu as preocupacións do sindicato marítimo e os seus movementos reivindicativos. A partir de 1931 foi substituído polo voceiro da Federación Nacional de Industria Pesquera, denominado Mar y Tierra.