Redon, Odilon
Redon, Odilon
Debuxante, gravador e pintor francés. Figura destacada do simbolismo, comezou debuxando ao carbón e a partir de 1873 empregou a litografía (Dans le rêve, 1879; Nuit, 1886). Cultivou principalmente os temas fantásticos. Desde 1890 introduciu a luz e a cor nas súas obras (Le Budha, 1906). Tamén destacan Bouquet de fleurs des champs dans un vase à long col (1912), Ophélia parmi les fleurs e Le char d’Apollon. Considerouse un dos precursores do surrealismo (Le Silence).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bordeos -
Deceso
Lugar : París