redución
(
-
s
f
Acción e efecto de reducir ou reducirse.
Antónimos: ampliación. -
[ASTRON]
-
s
f
Conxunto de operacións ás que se someten os resultados dunha observación astronómica, a fin de eliminar os efectos de todos aqueles factores que poden influír sobre a exactitude da medida.
-
redución á posición aparente
Conxunto de operacións ás que se someten os valores das coordenadas dun astro tal como aparecen nun catálogo estelar, para atopar os valores actuais das coordenadas deste mesmo astro. Para atopar o valor destas coordenadas cómpre efectuar unha serie de correccións que corresponden a unha serie de factores: o movemento propio da estrela, a paralaxe, a precesión dos equinoccios, a nutación e a aberración da luz.
-
redución no ecuador
Diferenza entre a lonxitude astronómica do Sol verdadeiro e a súa ascensión recta, que coinciden unicamente cando o Sol está nos solsticios e nos equinoccios, únicos datos en que a redución no ecuador é nula. Esta magnitude presenta dous máximos positivos (un no verán e outro no inverno) e dous máximos negativos (primavera e outono).
-
s
f
-
s
f
[MED]
Restitución, á súa posición anatómica, de fragmentos óseos desviados por unha fractura, ou de ósos luxados, ou ben órganos desprazados.
-
s
f
[DER]
Diminución da contía dalgunha disposición entre vivos ou de última vontade para que se conforme coa lei.
-
s
f
[BIOL]
Desaparición progresiva na escala filoxenética dun órgano que orixinalmente se desenvolvía na vida embrionaria e era funcional na adulta, e que, gradualmente, na escala evolutiva, chegou a ser vestixial no embrión e non se manifesta en estado adulto da especie.
-
[HIST/RELIX]
-
s
f
Institución colonial destinada aos indios e creada polos colonizadores españois, primeiro como contrapartida e despois como substitución das encomendas privadas ou señoriais. Foi promovida (1570) polo vicerrei de Perú Francisco de Toledo, que agrupou aos indíxenas en núcleos de vivendas para controlalos, favorecer a súa conversión ao cristianismo e controlar o pago do tributo e a mita. Cada núcleo posuía unha igrexa, cun sacerdote que podía exercer xurisdición e goberno, como nas reducións xesuíticas.
-
redución xesuítica
Cada unha das comunidades agrícolas de indios guaranís creadas polos xesuítas no SL de Paraguay e parte da provincia arxentina de Misiones. Fundadas no s XVII por iniciativa de frei Luis de Bolaños, o método comportaba unha regulamentación da vida da vila baixo o control do misioneiro, sen intervención da autoridade civil colonial nin dos colonos. Tras a expulsión de España da Compañía de Xesús (1767), desapareceron.
-
s
f
-
[FILOS]
-
s
f
Operación en virtude da que se establece que unha realidade ou un fenómeno determinados non son senón outra realidade ou fenómeno considerado como máis real ou fundamental e a partir dos que quedan explicados aqueles.
-
redución fenomenolóxica/transcendental
Proceso mediante o que se deixan en suspenso os datos ou convicións relacionados co acto de coñecemento, para centrarse exclusivamente neste mesmo acto, segundo o pensamento de Husserl e da escola fenomenolóxica.
-
s
f
-
s
f
[FILOS]
-
Operación mediante a que se reducen á primeira figura dun siloxismo as outras figuras deste. A esixencia desta redución está en Aristóteles, no feito de que só a primeira figura do siloxismo se considera como a ben fundamentada loxicamente.
-
abdución [abdución].
-
-
s
f
[QUÍM]
Proceso en que o número de oxidación dun elemento diminúe a causa da ganancia dun ou de máis electróns. Orixinariamente, era un termo que se empregou para designar as transformacións dos óxidos metálicos nos correspondentes metais libres mediante a eliminación de osíxeno.
-
s
f
[TECNOL]
-
Transmisión que permite que a árbore dunha máquina poida xirar cunha velocidade inferior á da árbore do motor que a move.
-
Relación entre a velocidade de rotación dunha árbore motor e do órgano ou máquina á que transmite o movemento mediante un redutor de velocidade.
-
-
redución catódica/electrolítica
[FÍS/QUÍM]
Redución que se produce no cátodo durante os procesos de electrólise a causa da cesión de electróns por parte daquel.
-
redución de capital
[ECON]
Operación financeira pola que unha empresa reduce o seu capital social. Pode efectuarse para reembolsar aos accionistas unha parte das accións ou para reducir un saldo negativo. Se se fai progresiva e sistematicamente denomínase amortización.
-
redución de fraccións a un común denominador
[MAT]
Operación que consiste en multiplicar o denominador e o numerador de cada fracción polo número (ou pola expresión, no caso de fraccións polinómicas) que cumpra, a fin de que todas as fraccións resulten co mesmo denominador.
-
redución no horizonte
[XEOG]
Operación que consiste en localizar o valor da distancia horizontal correspondente á distancia real entre dous puntos do terreo. Para facer a redución no horizonte cómpre multiplicar esta última distancia polos cosenos do ángulo da pendente do terreo.