Reed, Lou

Reed, Lou

Cantante e compositor estadounidense. En 1965 formou o grupo The Velvet Underground, que interpretou cancións como “Heroin” ou “Sister Ray”. A partir de 1971 iniciou a súa carreira en solitario con Lou Reed e Transformer. Dos seus álbums discográficos destacan Berlin, Rock’n’Roll Animal (1973), Street Hassle (1978), The Blue Mask (1983), New York (1989) e The Raven (2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Freeport, Long Island