refaixo
refaixo
(< faixa)
s
m
Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e coa forma desta. No traxe tradicional galego confecciónase con baeta e tamén se emprega como peza exterior. Neste caso leva como adorno unhas tiras horizontais de veludo na parte inferior. Polo xeral é de cor vermella ou amarela. No traxe coñecido como muradán é unha das pezas fundamentais, xa que se pon por debaixo do mantelo para que se vexa por detrás.