refectorio

refectorio

(< lat tardío refectorĭu< lat refectu)

s m

Comedor común dos membros dunha colectividade estable, xeralmente de mosteiros ou conventos. Nos mosteiros orientais era un espazo rectangular, usualmente cuberto con bóveda de canón e rematado en forma de ábsida, cunha única mesa e decorado con pinturas. O monaquismo occidental enriqueceuno e uniuno ao claustro. Organizáronse nunha ou dúas naves iluminadas por grandes fiestras, moitas mesas separadas, un púlpito para o lector e, ás veces, un lavabo.

Palabras veciñas

refaixeiro -ra | refaixo | refección | refectorio | refeito -ta | refén | refenda