reflector -ra
reflector -ra
(< reflectir)
-
adx
Que reflite.
-
adx e s
m
[FÍS/TECNOL]
Aplícase ao material que envolve o núcleo dun reactor nuclear e reduce a fuxida de neutróns cara ao exterior.
-
s
m
[FÍS]
Superficie pulida que se emprega para producir unha reflexión.
-
s
m
[FÍS]
Dispositivo destinado a modificar a distribución espacial do fluxo luminoso dunha fonte, baseado no fenómeno da reflexión. Segundo a forma en que ten lugar esta modificación, os reflectores reciben diferentes nomes: intensivos (se producen un feixe estreito), extensivos (se é ancho), parabólicos (se é un feixe de raios paralelos), e concentradores (nun punto).
-
s
m
[COMUN]
Elemento dunha antena Yagi e doutros tipos de antenas que serve para reflectir as ondas hertzianas.