reflexo -xa
(< lat reflexu)
-
-
adx
Que se reflectiu.
-
s
m
Luz reflectida.
-
s
m
Imaxe producida por reflexión.
-
adx
-
-
adx
Que se realiza de maneira involuntaria.
-
s
m
[FISIOL]
Actividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano (efector) a un impulso que ten a súa orixe no receptor externo (exteroceptor) ou interno, tanto visceral coma osteoarticular ou muscular (propioceptor). Os elementos anatómicos que interveñen no reflexo constitúen o denominado arco reflexo, constituído esquematicamente por un receptor periférico, unha vía centrípeta ou aferente que conduce o impulso nervioso cara ao centro, un centro nervioso constituído por unha neurona (reflexo monosináptico) ou máis (reflexo polisináptico), unha vía eferente que conduce o impulso cara á periferia, e un órgano efector (músculo ou glándula). OBS: Tamén se denomina acto reflexo, acción reflexa ou movemento reflexo.
-
reflexo condicionado /
[FISIOL/PSIC]
Reflexo desencadeado por un estímulo antes neutro (estímulo condicionado) pola súa asociación durante un tempo determinado co estímulo propio do reflexo (estímulo incondicionado). O estudo dos reflexos condicionados desenvolveuse, a partir de 1903, por Ivan Petrovič Pavlov, baseándose sobre todo na experimentación sobre a secreción das glándulas salivares nos cans, e deu lugar á reflexoloxía. Ten unha importancia particular, polo que respecta á aprendizaxe, a repercusión dos reflexos condicionados no ámbito da educación.
-
reflexo cutáneo
[FISIOL]
Contracción dun músculo ou grupo muscular pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.
-
reflexo de axón
[FISIOL]
Reflexo producido sen participación do centro nervioso.
-
reflexo de defensa/nocipectivo
[FISIOL]
Reflexo que ten por obxecto subtraer a un membro dun estímulo doloroso.
-
reflexo de enderezamento
[FISIOL]
Conxunto de reaccións de extensión que están presentes no neonato.
-
reflexo de presión
[FISIOL]
Peche reflexo da man por estimulación da palma.
-
reflexo do seo carotídeo
[FISIOL]
Reflexo inconstante que se caracteriza por unha diminución da frecuencia cardíaca cando se fai unha compresión suave da rexión da bifurcación da carótide.
-
reflexo idiomuscular
[FISIOL]
Resposta directa das fibras musculares a unha estimulación mecánica.
-
reflexo pilomotor
[FISIOL]
Erección dos bulbos pilosos por un estímulo nociceptivo no revestimento cutáneo de certas zonas ou por estados emocionais.
-
reflexo postural
[FISIOL]
Reflexo tónico que ten por obxecto manter a postura dun individuo.
-
reflexo pupilar
[FISIOL]
Contracción da pupila pola proxección dun raio de luz (reflexo á luz ou fotomotor) ou pola visión dun obxecto próximo (reflexo de acomodación do ollo). OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
adx